Alejandra Pardo

En este momento estás viendo Alejandra Pardo


Avísame cando chegues a casa. ¿A que muller non lle resulta familiar esa frase? A eterna ameaza da agresión sexual, por estar no lugar equivocado no momento menos oportuno, limitou a liberdade de xeracións de mulleres, especialmente aquelas que carecen de vehículo propio e viven lonxe dos centros das cidades. Tampouco axuda escoitar as experiencias alleas, nin os horribles sucesos que narran máis ou menos éticamente os medios de comunicación. Este temor é alimentado cada vez que son acosadas ou agredidas por homes que demostran así o seu poder. Non é un piropo, é unha ameaza.

E, ¿cal é o papel do espazo público en todo isto? A maioría están pensados para a produtividade, non para facer que a cidadanía se sinta cómoda e protexida, contribuíndo así ao individualismo feroz das sociedades contemporáneas. Deste xeito, a muller que camiña soa séntese máis vulnerable ao non coñecer ás persoas que a rodean nin saber se reaccionarán se é agredida. ¿Que faría que puideses saír a dar un paseo pola noite sentíndote tranquila?

Alejandra Pardo