Clara Martín

En este momento estás viendo Clara Martín

 

Clara Martín«Non me chamo Clara nin Martín pero os meus fillos si, e saíron tan feitiños como o nome que lles din. Nacín entre dous países cunha lingua común e fun a última en chegar. Vivín en catro cidades, varias casas e un par de fogares. Teño unha gata en acollida temporal e son alérxica a unha chea de cousas, entre elas os gatos, aos que adoro. Escribo dende que teño uso de razón pero a razón a uso ben pouco, porque no meu mundo manda un órgano que latexa, por sorte. Escribir forma parte dese latexo, se paro morro, se para tamén. Teño incontinencia lacrimal e choro cando me perdo e iso que fai tempo que deixei de buscarme e empecei a crearme. Teño obsesión coas revistas pero non as leo, só as estrago, cortando, rachando, arrincando papeis porque adoro crear mundo novos, cheos de todas as cores que ás veces me faltan. Sempre vou co máis feble. Estaría sempre de viaxe. Cústame saír de casa. Falo moito cando estou nerviosa. Necesito espazo e a ti, e a vos, e a todos vos. Encántame vivir»

Clara Martín

Podéis ver más de su trabajo en:
https://claramartinsite.wordpress.com/?fbclid=PAAaaMeMgj_wyMDP16vpyEot_rLruSnYIRlNFF9hFr1h3J3U5p2VZd0Mtyub0
https://instagram.com/cris_claramartin?igshid=MzRlODBiNWFlZA==
https://instagram.com/claramartincolaxe?igshid=MzRlODBiNWFlZA==