Iria Paz

En este momento estás viendo Iria Paz

 

Considérome unha habitante máis deste planeta, unha viaxeira onírica que debuxa dende que lembra, e lembra dende que debuxa. Dende sempre, sinto a necesidade de coller lápiz e papel para deixar saír o máis profundo do meu ser. Nun intento de liberar a parte máis arraigada ó subconsciente. Nesta búsqueda e identificación co Outro, e da conexión coa Natureza e o Universal, xurde meu arte. Que atende máis a definicións metafísicas, místicas ou filosóficas, que a postulados contemporáneos.

Despóis de licenciarme en Belas Artes no 2012, continúo explorando dialécticas entre as distintas disciplinas artísticas, e facendo exposicións. Actualmente estou traballando na tenda online, xa que a miña intención é seguir na Resistencia dende o Rural Alaricano, e dar a coñecer meu arte dende este fermoso espacio Natural, onde teño o privilexio de vivir co meu compañeiro e as amigas peludas, e complementar a miña experiencia artística, entre a horta e outra das miñas paixóns: a Música.

Considero imprescindible romper os mecanismos deste sistema opresivo e mercantilista, reflexados tamén no entorno artístico actual. Xa que están en contra da própia Vida, da Natureza. Están erróneamente afianzados nunha equívoca clasificación de conceptos opostos, e seus principios profanados e banalizados ata parafilias insospeitadas. Por todo isto, entendo o feito de crear, como unha especie de ritual ou acto sacro, que mergulla ao espectador no mundo onírico e na maxia da Natureza e da Vida. Existencia, ou Non Existencia. En definitiva, o arte con Alma, conéctanos a unha espiritualidade universal. Fainos Un. Nos Revela.

Propoño unha lectura na que non existen categorías absolutas, xa que irían en contra da Natureza cambiante, e da harmonía que reside na dinámica dos complementarios. Manifesto a trascendencia e a beleza dos feitos cotiás, a través dun proceso reflexivo. Nun intento profundo de transmitir esa extrañeza que se presenta nos soños, de acoller a desconcertante lóxica que produce a inquietude do inesperado. Como si de consumir unha droga psicodélica se tratara, abro a porta a unha nova percepción da realidade. A un lugar onde me sinto máis preto dos ancestros, das raíces, do arcaico, do pagano, da natureza e do cosmos. Presento unha viaxe universal, onde todos somos Un.

www.facebook.com/vesounonves  |  www.instagram.com/iria.paz  | www.etsy.com/shop/iriapaz