Alfonso Rodríguez

En este momento estás viendo Alfonso Rodríguez

 

Son Alfonso Rodríguez, okupa, artista e escritor. Esta exposición mostra unha das facetas nas que me teño mergullado de maneira profunda: A colaxe. De maneira case automática, desenvolvo unha estela que me quedou cos fanzines da miña xuventude. Mais estas colaxes son agora en cor. Nesta mostra están destacados algúns que considero destacados dentro da psicoloxía humana. Algo subxectivo.
Comparto unha web con Adriana Perez dende o pleistoceno: expoplanetarium.net, e unha pequena editorial: Saurobuks, na que teño publicado un par de títulos (un de poesía e outro de fotografía), o resto da obra está publicada noutras editorais. Con ela tamén teño compartido exposicións, recitáis, etc… Outra web de referencia da miña obra é: papercinho.tumblr.com de contido máis ben fotográfico.